Ceip Mosteirón y el programa Colegios Activos
Nº Alumnos/as: 283
Alumnado en E.I. 75
Informe do responsable:
Durante o primeiro trimestre, no patio de maiores que alberga o alumnado dende 3º de Primaria ata 6º, pintáronse varios xogos convidando aos alumnos a participar neles. Empezamos con xogos de corda, animados, competían de diferentes formas: grupos de nenos contra nenas, grupos mixtos, por parellas e Individualmente. Houbo moita participación e cando se realizaban competicións, os resultados publicábanse no taboleiro BLA-BLA-BLA , anunciador do Colexio.
Finalizando o 1º trimestre, pintamos as mariolas i o escargot. Este tipo de xogos atraía máis aos alumnos do 2º Ciclo e de 5º curso.
Tamén hai proposta de xogos de goma, llollós, os berces, tres en raia, as pegadas de pés e mans e outros.
Todos participaron activamente, fomentouse ademais do movemento, a socialización e, sobre todo, animáronse aqueles alumnos que se crían incapaces e/ou lles custaba interaccionar cos demais, melloraron no ritmo e nos reflexos, pois esforzábanse por seren mellores cada día.
Comezado o segundo trimestre realizamos as pintadas no exterior do patio andaluz que é onde se recibe aos alumnos de Infantil e 1º Ciclo de Primaria. Sentíronse encantados con esta proposta de xogos para o seu tempo de lecer. Entre as pintadas están: as pegadas de pés, una serpe, una escaleira e un escargot numerados e dúas mariolas. Tamén aquí se introduciron nos saltos de corda e goma, así como xogos de rolda e paseo.
Unha vez dados a coñecer estes xogos, entre eles inventan seriacións diversas pasando por todos os xogos e, ademais de fomentar o movemento, a cooperación e a sociabilidade, incentivan a súa creatividade. Para eles foi todo un agasallo.