A Fundación Educación Deporte e Saúde colaborará no proxecto Salvavidas en Galicia, unha iniciativa dirixida á prevención da morte súbita e que permite a clubs e a calquera tipo de institución dispoñer dun desfibrilador e maletíns de emerxencia financiando o seu custo coa venda de pulseiras deseñadas para o proxecto pola empresa Kukumuxu.
A iniciativa nace pola dificultade que as entidades teñen para dispoñer destes produtos que "salvan vidas". Todos as persoas que integran o Proxecto Salvavidas levan moitos anos no mundo da cardio protección, sendo algúns deles personaxes moi relevantes deste sector como o director científico o Dr. Josep Brugada. Fedys colaborará neste proxecto coa difusión e a divulgación dos seus fins, así como coa celebración dalgún evento formativo e de demostración que sirva como referencia e sensibilización para as institucións
Con esta inciativa preténdese colaborar na loita contra a morte súbita, pero hai máis razóns para colaborar: cada unha das institucións que adquirise o kit obterá ademais un certificado como colaborador deste proxecto e a segunda é que podes conseguir recadar o importe total dos produtos coa venda das pulseiras.
Sideseas más información puedes consultarlo en este pdf
CARTAAFEDERACIONESGALICIA.pdf